Entries by Antón Prieto

Nace o Metrominuto rururbano

Metrominuto foi unha produción feliz de 2012, case hai xa unha década. Desde o primeiro día, a idea foi adaptada a numerosas cidades. Lembro que as primeiras noticias chegaron de Florencia e Jerez de la Frontera. Despois soubemos dos de Toulouse, unhas cidades polacas, os parques de Londres, Milán, Módena, Pavía… Aquí tes máis info […]

Orgullo de Orgullo

Ademais da tradicional customización do balcón municipal realizada este ano pola empresa Capicúa 360, entrou en danza a iniciativa da Concellería de Desenvolvemento Sostible “Xardíns que falan”, unhas instalacións efémeras que se desenvolven na Ferrería e a Praza de España. Nesta última localización existe unha estrutura de madeira de gran formato que vai recollendo mensaxes […]

A rúa informa

O que gozamos deseñando e elaborando estes soportes urbanos para consulta de turistas. Un traballo de hai uns 5 anos, pero que soporta ben o paso do tempo demostrando a súa operatividade, discreción e xeitiño. Fixémolo co noso habitual colaborador Colotec e a ferrería local Tobío. Un punto informativo no que se ofrecen desde un […]

Unha carreira ciclista

Un pequeno traballo hai que tomalo co mesmo agarimo que cando o obxectivo e os medios son máis potentes. Así acontece co cartel dunha proba ciclista que esta fin de semana terá lugar en Pontevedra. A cartelería en papel, lonxe de ter os días contados, como outros elementos nese soporte, ten un rol de prestixio […]

Cacadog

Chovía o día que presentamos, coa comunidade canina, a campaña “Bo cidadán canino, boa cidadá canina”. Recoller as cacas dos amigos que levamos da correa, algo que non sempre ocorre. Realmente a publicidade pouco pode facer, xa que hai pouca xente incívica, pero as consecuencias sofrímolas o resto. Que llo digan a quen cuida os […]

Abrázame, anda!

ANTÓN PRIETO Acobardados polas insistentes e machaconas medidas para nos reinserir na nova normalidade, observamos como imos afrouxar os rigores da nosa inmobilidade. Dous metros, beirarrúas anchas, xel hidroalcohólico, luvas e máscaras, mamparas, rotulacións provisorias, turnos inauditos … unha desagradable liturxia de quirófanos apodérase das nosas vidas ante a que ademáis debemos poñer cara de […]

Billy o sádico

ANTÓN PRIETO Morrer coas botas postas é unha expresión que queda moi grande ao personaxe que hoxe nos ocupa. Ninguén, nin o máis cruel humano, merece morrer. E vaia por diante un sentido respecto cara á familia, os amigos, cara ao círculo íntimo de alguén que para quen non formamos parte dese círculo, a maioría […]

Motos vs. Simón

ANTÓN PRIETO Competición de altura. Debate de espadas no máis alto da pandemia. A inaudita prepotencia de Pablo Motos opinando sobre o aspecto físico de Fernando Simón: “Parece que chega de dormir nunha furgo”, dixo sobre o desaliño do voceiro do comité técnico gubernamental ante a crise. Unha diatriba que vai moito máis aló do […]

Inverno Primavera

ANTÓN PRIETO Unha foto do mestre Cervera, publicada onte nas primeiras páxinas interiores do Diario, diagnostica fielmente a situación. Mami con criatura pola Ferraría. Rider con algo ás costas e en bici. Carteleira coa sobreimpresión “Suspendidos”. Cola no Acuña para proveerse de pan fresco, doces ou empanadas. Pero hai dous detalles que elevan a foto […]

Nova normalidade

ANTÓN PRIETO Resulta que por fin camiñamos cara a unha nova normalidade. Ben. Mola o reto. Sondeemos. O de saudarse co cóbado parece algo banal. Afarémonos coa mellor dos nosos sorrisos, co máis puro dos nosos sarcasmos, con máis gloria que pena, como nos afixemos a ler no móbil, a non facer a cama ou […]