O Concello edita cada ano un calendario municipal desde 2005, aproximadamente, que se distribúe a través da prensa local e directamente nas oficinas municipais. O de 2018 tivo unha especial relevancia creativa, da man do fotógrafo Emi Ramírez, que colaborou cos seus sorprendentes orixinais fotográficos manipulados sobre prazas e rúas da cidade, creando ambientes surrealistas e utópicos. A maquetación está realizada por Ramón Peón e a impresión por Gráficas Anduriña. Aquí se mostra parte do resultado.