O concepto Capital Shopping foi creado en 2015 para acoller as accións municipais na promoción do comercio local. Aínda que máis adiante a campaña foi desenvolvida por outras entidades alleas ao Concello, o primeiro chanzo realizouse baixo a coordenación do Gabinete de Comunicación municipal.
A estrea consistiu nunha xira musical por outros espazos urbanos da provincia de Pontevedra, nos que un grupo de persoas especialmente ataviadas e acompañados por un trompetista, entregaban flyers sobre a oferta comercial de Pontevedra, o Centro Comercial máis chulo das Rías Baixas.