Unha das máis acaídas accións da comunicación cultural urbana foi a realización dos monolitos informativos que existen nas rúas da cidade.
Estes elementos a pé de rúa son un soporte informativo importante naqueles lugares máis frecuentados por persoas a pé, polo que resultan idóneos como difusores informativos de actividades culturais, sociais ou deportivas. Ademáis, un concello pode ubicalos nos mellores espazos de rúas ou prazas.
En principio, Pontevedra alugaba estes soportes a unha empresa, pero despois fabricáronse uns de deseño propio, e tamaño de 2×1 m.