En ocasións especiais, parece axeitado realizar un dossier temático dos asuntos que van tratarse nunha xuntanza, por exemplo. Este foi o caso da mesa M4 pola mobilidade na comarca de Pontevedra, na que estaban representadas todas as administracións para consensuar un plan de acción.
Con ese motivo foi realizado un dossier impreso en medios dixitais que tanto serviu para lembrar aos asistentes o estado da cuestión, como para entregar aos medios informativos.