Unha exposición reivindicativa que tiña dous obxectivos: difundir a historia do feminismo e visibilizar o traballo de varias alumnas de ensinanzas medias vencelladas ao Consello da Muller Nova, que fóron as que forneceron de documentación a mostra.
Para a súa realización reutilizáronse os soportes que anos antes fóran concebidos para a exposición sobre a época da Restauración sobre o valado da obra do aparcadoiro da Praza de España, que podes ven aquí A restauración.
Para ubicala no espazo público da Praza da Audiencia, e posteriormente na de Barcelos, dotáronse de pes para soportárense en estruturas de 4 en 4 paneis.