Algúns servizos municipais, pola súa especificidade, requiren unha imaxe propia que sexa quen de convivir coa institucional xeral, que adoita ser máis estática e de corte heráldico.
A actual marca deportiva herda da anterior unha certa inspiración nos aros olímpicos, pero substitúe o bicromatismo da antiga por unha gama cromática máis ampla que permite aportarlle alegría, vitalidade e diversidade. O círculo perfecto que acolle todo o grafismo apórtalle harmonía e identidade.