A celebración do Orgullo LGTB+ en Pontevedra víñase realizando desde 2005, pero a partires de 2015 decidiuse promover unha marca única que agrupase a todas as actividades que tiñan lugar na cidade, o FLOP, acrónimo de Free Life Orgullo Pontevedra. Unha nova palabra que estaba chamada a unificar actividades variadas como exposicións, festas, ciclos culturais, educativos e calquera outra expresión de liberdade no ámbito dos costumes afectivos e da identidade persoal.
Inicialmente, o prato forte foi o Flop Festival, no que participaban centos de persoas atraídas polas súas 12 horas de música electrónica no parque dos Gafos. O seu director, o dj José Malaguita, garante unha calidade musical exquisita e unha convocatoria chea de gracia cada verán. Interesantes tamén os links da dereita aos videos, a maioría producidos por Jairo Moreno.
LINK Á PÁXINA FLOP DE FACEBOOK
LINKS A VIDEOS DO FLOP