Unha carreira de obstáculos na Cidade da Cultura de Compostela en outubro de 2019. Para a súa difusión, creouse o logo co nome da carreira (O Camiño Race, OCR) e unha liña gráfica para o cartel que marcará o evento en 2019. Foi encargada polos promotores deportivos, que contan co respaldo do Xacobeo 2021 e dispón dunha web presidida polo novo logo OCR. Podes vela Aquí.
Unha curiosidade: é o primeiro traballo que publico desde que iniciei o proxecto TRIX. Un pequeno paso na nova andaina.