Unha exposición sobre o parque das Palmeiras serviu para reinaugurar unha pequena sección do mesmo, que fóra reformada en 2017. Aproveitando o gran número de fotos que as persoas tiñan nun pequeno estanque alí existente, realizouse unha convocatoria pública que deu como resultado unha gran cantidade de fotografías que a xente tiña nas súas casas. A idea foi ofrecida por unha coñecida e moi popular xornalista radiofónica, Meli Fandiño, que participou activamente nesta promoción. Ao tempo, realizouse unha exposición sobre a historia do parque e a súa riqueza botánica e un catálogo sobre a mesma (que non incluía as fotografías dos particulares).