O folleto “Pontevedra Outro Mundo” foi concebido como un resume do modelo de cidade ante a frecuencia de asistencias a congresos e eventos fóra de Galicia, polo que se fixeron edicións en español, inglés e francés. De formato pequeno (20×20 cm) e 12 páxinas era operativo para as viaxes aéreas e o reparto a esgalla. Normalmente acompañábase de publicacións de maior formato para entregas máis selectivas. As tiradas facíanse por impresión dixital, a demanda segundo a asistencia prevista a cada evento.