Unha exposición realizada en 2013 como homenaxe ao nome da cidade e para o coñecemento técnico e histórico destes significativos elementos da enxeñaría. Realizada no claustro de San Francisco, constou de paneis expositivos, un catálogo e un video da autoría de Guillermo González.
A exposición supuxo un chanzo máis no proceso de difusión do autocoñecemento urbano tanto histórico coma contemporáneo. Accións deste tipo teñen moita importancia no proceso de consolidación da autoestima e o orgullo de pertencer a un territorio.
Catálogo e video pódense consultar nos seguintes links: