Candidatar un territorio para unha celebración determinada, a parte das negociacións oportunas para estudar condicións e circunstancias, esixe unha serie de formalidades ás que hai que dar a importancia que merecen, porque son realmente elas as que respaldan a imaxe do lugar aspirante.
Iso aconteceu co primeiro gran acontecemento deportivo ao que aspiraba Pontevedra coa ITU (Internacional de Tríatlon) para celebrar o Campionato Mundial de Dúatlon en 2014.
O Bid Book era un auténtico catágolo de destino en tres idiomas, destinado a convencer aos membros da ITU que a cidade merecía celebrar ese campionato.
Nesta galería recóllense algunhas páxinas do libro que conformou a candidatura.