Era o primeiro grande reto internacional que tiña a cidade coa Federación Internacional de Tríatlon, cando xa estaba definida a estratexia de incorporar os eventos deportivos á promoción e ao posicionamento exterior da cidade.
Foi un reto abordado conxuntamente co departamento de Deportes e xestionado estreitamente cos seus responsables desde unha óptica global, no que se levou a cabo todo o deseño e produción da comunicación do evento. Desde a liña gráfica xeral ata o protocolo, as campañas locais, o voluntariado, a atención mediática, etc.
Supuxo o primeiro grande ensaio internacional de cara á posta en marcha do Mundial Multisport que tería lugar 5 anos despois, en 2019.
Aquí tes unha galería específica para ese outro acontecemento. Mundial de triatlón 2019