Unha pequena campaña publicitaria de corte cultural, para divulgar unha exposición sobre as miniaturas das esceas da paixón de Cristo na parroquia de Santa María. Unha campaña que se limitaba á publicidade de rúa e na que se pode apreciar a prevalencia da información sobre a fisonomía. Primeiro a eficacia na comunicación sen peder elegancia ou altura estética. A arte, nesta fase de chamada, é menos importante que a función anunciadora.