Nese ano celebrábase en Pontevedra o campionato europeo de piragüismo en augas tranquilas, que tivo lugar na ribeira do río Lérez. Foi o momento de despregar unha acción xeneradora de interés entre a poboación local e ofrecer aos e ás participantes un ambiente agradable.
Desenvolveuse unha campaña global que abranguía desde a decoración do espazo deportivo ata os actos protocolarios, pasando polo material funxible do evento ou a publicidade urbana.