A cidade celebra un continuo festivo de verán que inclúe múltiples festivales e convocatorias, entre as que destaca a semana grande, ata entón denominada “Festas da Peregrina”. Un programa que vai de xullo a mediados de setembro.
En 2005 recíbese o encargo de racionalizar a comunicación desta tempada cultural, co que se inicia unha liña gráfica e conceptual distinta, baseada nas palabras “Verán” e “Peregrina” que, xemelgas, van adoitando unha formulación distinta cada ano, pero cun fondo homoxéneo: ausencia case total de imaxes icónicas e fotográficas relevantes (só o ano que se restaurou o santuario da Peregrina) e unha forte personalidade gráfica.
Unha estratexia que durou ata 2018.