O estadio municipal de Pasarón reconstruírase completamente nunha obra na que o Concello participaba económicamente con outras duas institucións, a Deputación e a Xunta. O fútbol é un deporte de masas, pero bastante pouco relacionacoa coas persoas que son alleas a este fenómeno, especialmente as cidades que non manteñen equipas na primeira división.
O obxectivo era conectar esta importante obra pública coas persoas non directamente relacionadas co fútbol. Tamén difundir unha parte importante da historia urbanística da cidade, pois o estadio está construido sobre unha antiga xunqueira.
O deseño consisitu na construción de tres grandes estruturas de madeira de 10 m de longo por 1 m de ancho, en forma de z, elaboradas con chapa náutica forrada con vinilo impreso. Tamén se editou un catálogo con todos os textos da exposición.