A relación entre a cidade e o mar foi motivo da Feria Franca do ano 2007, posto que esta festa sempre ten un motivo temático darredor do que xiran distintas actividades.
A iniciativa do Arquivo Municipal, dirixido por Enrique Sotelo, organizouse unha mostra con paneis informativos estáticos no Pazo de Mugartegui sobre a íntima relación histórica de Pontevedra coas actividades marítimas e a evolución da cidade con referencia ao seu litoral.
Os paneis que soportaban a montaxe eran moi lixeiros, dun material denominado policarbonato, forrado con vinilo impreso. Suxeitábanse cuns pes de ferro de gran peso e forma de 7, deseñados expresamente para ese cometido e producidos pola empresa local Colotec. Contaba así mesmo cun catálogo impreso e un video documental.
Esta galería contén unha referencia desta exposición.