Exposicións

As exposición son recursos bastante infravalorados nos procesos de comunicación urbana. Idóneos para os procesos de incremento da autoestima e o balance de xestión, pero tamén para difundir valores históricos ou ideas sobre calquera tema de actualidade.
Son soportes sofisticados de información, xeradores de cultura, información e publicidade. A autoestima dun territorio, o coñecemento histórico e calquera outra forma de impulso cultural poden plasmarse nunha exposición en calquera lugar, interior e exterior. Neste sentido, convén suliñar a crecente importancia que toman os espazos públicos como escenarios para a vida social e polo tanto tamén para este tipo de exhibicións.
Estes son os pasos e elementos que se teñen en conta na xénese dun traballo deste tipo:
Concepto
- Temática
- Contidos
- Fontes básicas documentais
Produción
- Redacción
- Deseño gráfico
- Fotografía
- Infografía
- Maquetación
- Infraestrutura
- Loxística
- Montaxe
Información
- Catálogo
- Explotación informativa en medios convencionais
- Explotación en redes sociais
- Eventos informativos (inauguración, visitas vip…)
- Comunicación directa
M I R A E X E M P L O S N A G A L E R Í A :
