As exposición son recursos bastante infravalorados nos procesos de comunicación urbana. Idóneos para os procesos de incremento da autoestima e o balance de xestión, pero tamén para difundir valores históricos ou ideas sobre calquera tema de actualidade.

Son soportes sofisticados de información, xeradores de cultura, información e publicidade. A autoestima dun territorio, o coñecemento histórico e calquera outra forma de impulso cultural poden plasmarse nunha exposición en calquera lugar, interior e exterior. Neste sentido, convén suliñar a crecente importancia que toman os espazos públicos como escenarios para a vida social e polo tanto tamén para este tipo de exhibicións.

Estes son os pasos e elementos que se teñen en conta na xénese dun traballo deste tipo:

Concepto

  • Temática
  • Contidos
  • Fontes básicas documentais

Produción

  • Redacción
  • Deseño gráfico
  • Fotografía
  • Infografía
  • Maquetación
  • Infraestrutura
  • Loxística
  • Montaxe

Información

  • Catálogo
  • Explotación informativa en medios convencionais
  • Explotación en redes sociais
  • Eventos informativos (inauguración, visitas vip…)
  • Comunicación directa

M I R A   E X E M P L O S   N A   G A L E R Í A :

Teu Pontevedra

Ponte Correntes

Ponte do Burgo. A exposición

Pasarón

A restauración