
Creación, reforma integral ou adaptación
A cutura electrónica é imprescindible no momento actual. A circulación informativa fai imprescindible asulagarnos no mundo da comunicación electrónica a través da rede. Os nosos produtos, as ideas, as mensaxes… apenas hai nada que quede fóra das posibilidades desta potente arma do noso tempo.
Para facer fronte a esos retos de comunicación, podemos axudarche en toda a fase da adaptación da empresa ou entidade á difusión electrónica de todo canto significa a túa existencia. Esta é unha somera relación de pasos que deben atenderse neste proceso, que non só ten relación coa web, senón coa dimensión social que debe adquirir grazas á interación con redes e clientes.
- Estrutura
- Deseño
- Contidos
- Redacción
- Programación
- Mantenemento técnico
- Explotación
- Versatilidade
- Interconexións
- Automanexo
- Formación
E X E M P L O S :
Como principal exemplo do traballo realizado na organización de xanelas electrónicas, compre citar a web minicipal de Pontevedra, na que participo como membro do Gabinete de Comunicación, con programación de Estudio Blanco.
http://www.pontevedra.gal
Na Galería tamén se poden atopar outros exemplos que inclúen espazos electrónicos como os seguintes:
Teu Pontevedra
Mundial de triatlón
Ponte As Correntes