Coa prensa
Relacións cos medios informativos
- Atención a xornalistas. O que precisen para facérllelo traballo máis doado. Acceso ás fontes, servizo profesionalizado, Axenda actualizada de persoas e medios.
- Dossier informativo. Toda a información disposta para ser transmitida con facilidade, brevidade e claridade.
- Gabinete informativo. Concepción global das relacións coa prensa. Estudio das circunstancias e interés informativo da empresa ou entidade pública. Prevención de riscos, formación de voceirxs, axenda informativa e resto dos extremos relacionados co exercicio do xornalismo.
- Roda de prensa. Convocatoria, organización, escaleta, preparación, lugar, imaxe, ideas forza, ensaio, duración, previsión de momentos críticos ou polémicos, control de asistencias, reforzo posterior, balance.
- Visita informativa. Pertinencia, organización, asuntos protocolarios, percorridos, declaracións, infraestrutura, etc.
- Relacións económicas cos medios. Perspectivas globais, balance publicitario, interrelacións comerciais e informativas, aspectos comerciais.
MIRA EXEMPLOS DA NOSA GALERÍA:
Caso práctico da relación coa revista GCiencia CP / Revista GCiencia
Publicación de reportaxe sobre modelo urbano (servizos aos xornalistas) Pontevedra en «El Diario»