Creatividade
Mensaxe verbal
- Relato, slogans, ideas forza. Todo o componente verbal necesario para levar a bo fin a peza de que se trate. Titulares, textos principais, apoios… adaptados a cada necesidade e circunstancia, e pensando só na facilidade de acceso para cada persoa, cliente ou receptor/a.
Gráfica
- Estratexia visual, cromática, tipográfica. O aspecto xeral dunha peza informativa, sexa cal sexa a súa finalidade. Desde unha simple carta ben maquetada, ata o aspecto dun spot, un anuncio tradicional para ser impreso ou un clip para redes sociais.
Multimedia
- Audio, audiovisual, música, voz. Todos os sentidos do corpo perciben a sensación da mensaxe, polo que é preciso aquelar a súa dimensión ás necesidades de cada momento.
Global
- Imaxe integral. Coordenación de todos os elementos dunha campaña ou acción, para que a percepción e a visibilidade sexa a máis axeitada aos fins perseguidos.
M I R A E X E M P L O S D A G A L E R Í A :