Redacción

Discursos

  • Concepto, desenvolvemento, posta en escea, adestramento. Os actos públicos ou con dimensión mediática necesitan dun estudo previo máis ou menos sofisticado en función da experiencia ou o dominio da oratoria da persoa que o pronuncia. Non improvisar é imprescindible. Tamén atender a todos os aspectos non verbais das comparecencias: vestiario, aspecto, xestualización, tono de voz…

Argumentario

  • Ideas forza, priorizacións, verbalizacións, palabras chave. Preparación de contidos para a intervención de portavoces nas circunstancias que se requiran ante os medios de comunicación, en conferencias, corporacións ou calquera outro lugar de dimensión pública.

Prensa, dossier, presentacións

  • Comunicados, informacións, contidos empresariais, institucionais ou sociais. Coidado das intervencións dos portavoces en actos públicos de dimensión social, comercial ou corporativa. Manexo de dossieres informativos, catálogos ou outro material impreso, así como o coidado das presentacións de apoio ás intervencións, se fose necesario.

Cartas / Protocolo

  • Comunicación formal epistolar. Satisfacción das necesidades especiais ou realización de modelos ou estereotipos de misivas con distintas finalidades, para apoiar as funcións administrativas ou de outro tipo.

Información

  • Transmisión verbal adaptada a calquera necesidade. Todos os aspectos informativos de interés público que poidan ser útiles no proceso de construción informativa.

Fotografía, audiovisual

  • Servizo fotográfico ou audiovisual. Selección de persoas ou empresas especializadas para a realización, edición, montaxe, manipulado, etc., sempre adaptado ás finalidades propostas e coa dimensión acaída.

Infografía

  • Transmisión verbal e gráfica da información. Presentación acaída da información, apoiada en recursos gráficos e fotográficos como complemento aos verbais.