Cóntannos as crónicas deste día que Europa resucita o espírito PIGS. Si, porcos. Así chamaban desde o norte aos países do sur, unhas economías que manexan a pracer a cambio da súa cooperación con algunhas infraestruturas públicas. Bo, non sexamos malos. Non é tan así. Na actual crise vírica os porcos sureños incorporamos a Francia. Benvida. Na vosa historia de lendas urbanas aparece un gran inimigo da vosa pel: o xabrón. Aínda que hei confesar que no meu dilatado contacto con corpos galos, nunca observei tan inquedante bulo: os franceses foden limpiños e saborosos como quen máis.
Á marxe de cheiros e sabores, parece que 4 países opóñense á emisión dos coronabonos, panca que permitiría unha especie de “todos a unha” no financiamento conxunto da UE tras a catástrofe. De novo faise evidente que a Unión é unha unión de conveniencia, un club de intereses non sempre confesables, que a pesar dos esforzos que tentan popularizala, desdibuxa a súa misión conxunta en momentos cruciais coma este.
Velaquí países como Holanda, Alemaña, Austria e Finlandia, opostos ás medidas solidarias cos seus paraísos vacacionais. Hai quen de novo saca a relucir a canción de que isto pode supoñer o golpe definitivo á UE. Incluso Antonio Costa, primeiro ministro portugués, utilizou unha palabra forte: “É repugnante re-pug-nan-te, España non creou o coronavirus”.
Referíase aos ataques dun ministro liberal de Holanda, ese país que tras os seus preciosos tulipáns agocha un dos grandes buracos fiscais da economía europea. Do seu lado están a dura Merkel, azuzada como sempre pola súa ultradereita, pero tamén pola solidez da súa economía e o seu control financeiro sobre o sur; a conservadora Austria e a pequena Finlandia.
Un ramallote feliz de países que están a reivindicar a esencia da Unión: queremos expandir as nosas empresas, entrar libremente nos vosos mercados, eliminar a vosa competencia, comprar por dous pesos as vellas compañías que non sabedes xestionar para explotalas mellor, ampliar o mercado único laboral para producir máis barato. A cambio, dámosvos algún diñeiro para construír autoestradas e para manter o voso nivel de consumo a un ritmo aceptable, que iso tamén nos convén.
O soño europeo volve demostrar que ten os pés de barro. Pero tranqulidade. Seguramente esas palabras duras do presidente Costa axiña se esquecerán, e volverán os discuros vacuos, as palabras difusas como narcótico esencial da nosa vida en común: as subvencións de Bruxelas, as negociacións para relaxar aínda máis o mercado ou os paseos por Babia cando haxa que abordar a terrible situación do Mar Mediterráneo, tumba de persoas ás que non chega iso da liberdade, a igualdade e a fraternidade.
E la nave va
Xa que falamos de porcos europeos, imos cun rinoceronte. E xa que falamos de aguerridos negociantes, imos con estúpidos competidores. Federico Fellini comeuse o mundo en 1983 con esta peli teatral, satírica, cabrona e inmortal. Había que despedirse de María Callas —oh, perdón, de Edmea Tetua— e aí van, a esparexer as súas cinzas sobre o Exeo. Verán o que é considerada unha das grandes escenas do mundo felliniano: a feroz loita de egos entre as grandes figuras da ópera que visitan a sala de caldeiras do barco. Ah… o do rinoceronte… comprobarán o que é a poética cinematográfica, non lles digo máis. Non perdan esta peli estupenda que tanto nos fala de doces aparencias como da máis basta competitividade. Xusto: como Europa.
PUBLICADO EN DIARIO DE PONTEVEDRA O 28 DE MARZO DE 2020, DÉCIMO CUARTO DÍA DE CONFINAMENTO
We may request cookies to be set on your device. We use cookies to let us know when you visit our websites, how you interact with us, to enrich your user experience, and to customize your relationship with our website.
Click on the different category headings to find out more. You can also change some of your preferences. Note that blocking some types of cookies may impact your experience on our websites and the services we are able to offer.
Essential Website Cookies
These cookies are strictly necessary to provide you with services available through our website and to use some of its features.
Because these cookies are strictly necessary to deliver the website, you cannot refuse them without impacting how our site functions. You can block or delete them by changing your browser settings and force blocking all cookies on this website.
Google Analytics Cookies
These cookies collect information that is used either in aggregate form to help us understand how our website is being used or how effective our marketing campaigns are, or to help us customize our website and application for you in order to enhance your experience.
If you do not want that we track your visist to our site you can disable tracking in your browser here:
Other external services
We also use different external services like Google Webfonts, Google Maps and external Video providers. Since these providers may collect personal data like your IP address we allow you to block them here. Please be aware that this might heavily reduce the functionality and appearance of our site. Changes will take effect once you reload the page.
Google Webfont Settings:
Google Map Settings:
Vimeo and Youtube video embeds:
Privacy Policy
You can read about our cookies and privacy settings in detail on our Privacy Policy Page.