Por que xa non traballo en Pontevedra?

,

 03

De momento, a maior parte do meu traballo si o realizo en e desde Pontevedra, a cidade. Pero xa non como persoal municipal. A razón? Pois nada importante. Despois de 15 anos, rematou o amor, (mellor dito, mudou). Iso foi todo.

Un goberno municipal é un ente vivo que se vai transformando ao longo do tempo, e quen algún día formamos parte do equipo de traballo que acompaña a alcalde e concelleiros, tamén mudamos.

Hai xente que chega ás responsabilidades de goberno con anovados folgos e outro xeito de traballar, e quen aportaba o seu esforzo ou creatividade nun momento dado, xa non é útil noutro momento. É o normal. A esencia da vida, que flúe constantemente enchendo o tempo de azucre e sal.

Por fortuna, a cidade ten un alcalde estupendo e uns magníficos dirixentes. E o autor deste blog ten outros horizontes e novos proxectos que chaman á porta. A por eles!