Hai alguén ahí?

,

 01

Era a mítica pregunta de Iñaki Gabilondo cada 1 de xaneiro, trala noite de Anovello, na Cadena Ser. E claro que había. Non nos vemos, pero estamos.

E como ouvintes invisibles reiniciamos o camiño. Unha viaxe da man de clientes a amigos que podan chegar a repensar a súa comunicación institucional, empresarial, de interés público ou de produto.

Comezamos logo de 30 intensos anos de experiencias, de aprendizaxes constantes, conscientes do enorme cambio que experimenta cada día ese afán natural das persoas por comunicarse, por atraerse, por facérense mellores, útiles e agradables.

Unha fórmula que nos permite adaptarnos ao reto de facer medrar públicos, difundir mensaxes, proxectar futuro ou persuadir persoas a través da estratexia, a creatividade e o deseño.

Esta só é a primeira entrada dun blog que tentaremos actualizar decote.

Benchegadas, benchegados. Grazas por vir. Ogallá vos guste.

Antón.