Pode que vexas demasiada Pontevedra aquí

,

 02

Hai quen coñecerá parte do traballo aquí amosado a través do Concello de Pontevedra. Para quen non o saiba, fóron 15 anos de servizo público para esa institución.

Durante ese tempo, coa axuda de responsables políticos e outros técnicos municipais, fun acompañando a transformación dunha cidade en evolución rápida. Estábase creando un modelo urbano cheo de propostas innovadoras e solucións eficaces.

Nesta conquista da calidade urbana, a misión da comunicación era difundir os valores fundamentais, cooperar na autoestima dos seus veciños e argumentar o cambio que se estaba a producir. Con persuasión, información e respecto cara ao destinatario. Aproximadamente o que os gurús chaman “comunicación estratéxica“.

Todo o que percibes aquí sobre Pontevedra ten a súa lóxica e o seu por que. E todo, absolutamente todo, é transferible a outros espazos, adaptándose ás coordenadas territoriais e sociais de calquera outro lugar.

E todo isto, cara a dentro e cara a fóra. A proxección exterior dunha cidade que ao principio parecía aburrida e sen sal, foi recuperando a confianza en si mesma e un posicionamento interesante como referencia para as cidades do futuro.