Metrominuto: camiñe sen dramas
Iso é Metrominuto. Un arma que moitas cidades utilizan para fomentar o costume de camiñar. Estes días, co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, a cidade de Granada presentou o seu mapa de distancias e tempos a pé. Únese así a Sevilla, Pamplona, Palma, Irún, Florencia, Toulouse, Carballo, Maó… e así ata un cento de cidades que asumiron como propio, ben directamente, ben a través da Rede de Cidades que Camiñan este obxecto publicitario que creamos en Pontevedra.
Realmente, Mm é só unha campaña publicitaria, un mapa cheo de suxestións. E xa se sabe que o mapa non é o territorio, polo que unha cousa é animar a que a cidadanía camiñe, e outra ben distinta é que os municipios se transformen para que camiñar sexa unha acción tan natural como agradable e satisfactoria no universo da mobilidade urbana. Queremos supoñer que todos os municipios que o adoitan, realmente están sensibilizados co feito de que camiñar é unha das grandes solucións aos problemas de saturación de tráfico motorizado que presentan case todas as cidades.
Intermodalidade
Existe unha palabra, intermodalidade, que define os xeitos de nos mover cando nos desprazamos. Ata hai pouco tempo, a intermodalidade referíase só aos medios motorizados (bus, tren, avión, coche, barco…). Duns anos a esta parte, tamén se inclúe o camiñar e outros medios como as bicis, patíns, etc, teñan estes ou non apoio eléctrico.
Inventamos Metrominuto precisamente para fomentar os desprazamentos máis naturais, os que se fan a pé, no contexto dunha cidade que ía mudando pouco a pouco a súa cultura da mobilidade, cambiando o hábito motorizado polo natural grazas ás limitacións ao automóbil que impuña a reforma do espacio público, que se convertía maioritariamente nun espazo compartido con prioridade peonil. Queríamos acompañar á xente a abandonara o costume de coller o coche para calquera cousa, e que o fixese dun xeito amable e positivo.
Un obxecto divertido
Creamos —xunto coa área de mobilidade da Policía Local— un obxecto informativo divertido, cun chisco aos mapas de metro que usan nas grandes cidades a partir da xenial creación do británico Harry Beck para o Metro de Londres en 1933. Tiñamos que lembrarlle ás persoas que para desprazarse 10 ou 15 minutos non é preciso usar o coche, convertindo a misión do camiñante en algo cool, e o uso abusivo do coche nunha decisión absurda.
Ademáis do mapa en sí mesmo, Metrominuto contén dous eslógans cos que se reforza a mensaxe: Móvete coa túa propia enerxía, e A pé vives máis, que simbolizan a vontade das persoas por adoitar o costume de camiñar como algo natural e positivo. Despois do éxito de Metrominuto, naceu un descendente interesante: o Pasominuto, pero del falaremos noutra ocasión.
A promoción exterior
Metrominuto, máis aló da campaña publicitaria en sí mesma desenvolvida en Pontevedra, deu á cidade unha trascendencia e visibilidade inmensa. En 2013 a entidade Intermodes concedía a este obxecto minúsculo e intanxible o seu premio anual, textualmente “por considerar que a mobilidade peonil tamén forma parte da intermodalidade do transporte, que sempre esqueceu a forma natural de movernos”. A partires dese descubrimento do Metrominuto e tras recoller o premio en Bruxelas, a entidade descubriu a realidade dunha cidade que se fora transformando para poñer ao peón no centro da súa mobilidade.
O municipio convidou a Intermodes e a un grupo de xornalistas a pasar uns días na cidade para ver o modelo. Iso deu lugar a que a revista francesa de tendencias, We Demand, dedicase unha ampla reportaxe á cidade encabezado polo seu mapa de distancias e tempos. Aí comezou un percorrido internacional que aínda hoxe non se detivo, con ducias de delegacións que visitan a cidade, e centos de referencias en xornais e televisións de todo o mundo. Obviamente, o mérito é do territorio e non do mapa, pero o mapa axudou todo o que puido.
Qué relación ten todo isto con TRIX?
Trix é a marca profesional de Antón Prieto, que foi durante 15 anos director de comunicación do Concello de Pontevedra. E foi o autor do Metrominuto, en colaboración co axente do Cetra (Policía Local) Emilio Suárez. Ámbos fóron configurando este obxecto creativo e irónico, deseñado, concebido e explotado para axudar a encher as rúas de camiñantes. Podes ver máis sobre Metrominuto na Galería Trix: https://trix.gal/web2019/portfolio-item/o-metrominuto/